viernes, 16 de noviembre de 2012

Folga Xeral do 14N

Os sindicatos cifran a participación na folga dun 90% mentras os burgueses da CEOE nun 18%. Os traballadores e traballadoras que estivemos todo ese día na rúa loitando, aguantando o frio de madrugada e o sol durante a manifestación sabemos perfectamente como foi a folga,  e ningún burgues podrá enganarnos .Foi un rotundo éxito, tanto na zona industrial como nos comercios como en educación. E a manifestación: histórica.

Os CMC participamos nos piquetes, garantindo o dereito a folga para todos os traballadores que coaccionados polo seu xefe tiveron que ir a traballar contra a sua vontade asi como garantizando que a folga sexa un exito mandando para casa os  lameculos dos esquirois, que non son máis que uns desclasados que so boicotean a loita máis democratica e xusta que hai, que é : a dos traballadores.

De madrugada estivemos no Polígono Industrial do Tambre,onde facía un frío que calaba os osos, pero ainda así había un piquete obreiro bastante numeroso que conseguiu pechar o poligono casi na sua totalidade. Como sempre os  burgueses soltaron os cans, estos  sempre en actitude asoballante e provocadora Ali mesmo  houbo un compañeiro detido da CNT, para o que reclamamos total absolución sen cargos.

Despois sobre as 10 da mañan unimonos a un piquete  da CNT-CUT polos comercios de Santiago, non houbo apenas problemas xa que a maioria dos comercios estaban pechados e os poucos que quedaban abertos pecharonse sen problemas, a excepción da librería Follas Novas, librería de fascistas-esquirois, que folga tras folga mantén abertas as suas portas e chama a policía contra os piquetes. Desde CMC chamamos e saludamos calqueira acción de reprimenda contra este comercio. 

Nas universidades os piquetes foron tamen un éxito rotundo, conseguindose cerrar facultades tan reaccionarias como Dereito e Historia e Filosofía coma sempre desertas.

As 12 marchamos para manifestación onde fixemos un bloque xunto cos CUO (http://www.unidad-obrera.org/) e o PCPE (http://www.pcpe.es/). Onde entoamos cánticos contra os recortes,  polo exito da folga... contra o capitalismo en xeral. Asi como consignas polo poder obreiro, pola liberación dos presos políticos independentistas e comunistas que hai hoxe no estado español e en memoria de Carlos Palomino, xa que o aniversario da sua morte fora fai dous días.

Pola tarde xa  sen bandeiras, fixemos acto de presencia tamen na manifestación do bloque critico.


¡A ÚNICA SOLUCIÓN OS PROBLEMAS DA CLASE OBREIRA É O SOCIALISMO!
!TRABALLADOR: POLO FRENTE OBREIRO E POPULAR ÚNETE OS CUO!




A continuación unha galería fotográfica da manifestación.