lunes, 5 de diciembre de 2011

COMUNICADO DIANTE DA OPERACIÓN REPRESIVA CONTRA MILITANTES GALEGOS

Os e as comunistas do PCPE e dos CMC expresamos a nosa repulsa diante da vaga de detencións desencadeada polas forzas represivas do Estado, en aplicación da lei "antiterrorista" contra un grupo de xóvenes militantes galegos.

Dita operación, e, baixo o pretexto dela, a campaña de persecución e intimidación lanzada desde as forzas represivas e os medios de comunicación burgueses contra diversos centros de reunión e colectivos xuvenís, inscríbese no recruecimento da violencia exercida polo estado que ten por obxecto perseguir e criminalizar toda expresión de disidencia e contestación social no contexto do endurecimento da ditadura do capital e da posta a punto do dispositivo represivo, preparando unha masiva aplicación das fórmulas intimidatorias e da violencia dos aparellos do estado, mesmo vulnerando as formalidades do chamado estado de dereito, contra a inevitable escalada da loita que se incuba no seo da clase obreira, os sectores populares e a mocidade salvaxemente golpeados pola crise estrutural do capitalismo. A mera reivindicación de dereitos e liberdades democrático-burgueses tórnase xa inasimilable para un sistema socioeconómico caduco e en bancarrota que recurrirá a todas as formas de violencia contra quen non acate o programa de explotación, opresión e represión que reserva a oligarquía para a clase obreira e os sectores populares.Esiximos a posta en liberdade dos detidos e as detidas e o cese da persecución contra o conxunto da mocidade militante.


PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA

COLECTIVOS DA MOCIDADE COMUNISTA