domingo, 10 de julio de 2011

OS E AS COMUNISTAS DIANTE DO DIA DA PATRIA GALEGA

Chegamos ao 25 de Xullo de 2011 con 250.000 desempregados na Galiza e perto de 70.000 familias galegas con todos os seus membros no paro. O desaloxo e roubo de vivendas a través da banca torna insostible a vida para un número cada vez vez maior de galegos e galegas.

As sucesivas reformas laborais, a xeneralización do despedimento libre e gratuito, a privatización das pensións e a destrución desa ferramenta de autodefensa dos dereitos dos traballadores que é a Negociación colectiva, suceden nun contexto de continua destrución dos servizos públicos básicos. Todo iso son procedimentos que o capitalismo en crise estructural necesita para facer frente á súa situación aumentando a explotación da forza de traballo e convertendo os servizos públicos en novos espazos de acumulación de capital.

A liquidación da pequena e mediana producción e do noso rural vai da mán desas políticas implementadas desde os monopolios usando as ferramentas políticas da UE imperialista e ambos gobernos burgueses, o goberno socialdemócrata e o goberniño de dereitas, sendo un proceso imparable e sen marcha atrás de nacimento de novas capas proletarizadas e arroxadas ao desemprego e á miseria.

Nese marco é no que temos que ver a destrución do noso medio, montes, ríos e rías a mans da cobiza capitalista, as políticas aplicadas contra a nosa língua, a mercantilización da nosa cultura e o futuro incerto e sombrío que este sistema de opresión e explotación ofrece á nosa mocidade.

Compre dar resposta contundente e inmediata a este ataque múltiple e de enorme calado contra os dereitos e condicións de vida e traballo das traballadoras e traballadores galegos.

Compre camiñar cara á unha Folga Xeral que no Outono dea cumprida resposta, desde a Unidade Obreira, desde os centros de traballo e de estudo, desde as rúas, a estas políticas que apostan pola nosa destrución como pobo e como clase.

Ningunha reivindicación democrática nos será satisfeita desde o bloque oligárquico dominante, non podemos seguir aceptando os dictados imperiais que nos veñen impostos desde a Unión Europea do Capital e a guerra imperialista. A Unión Europea non é reformable. O capitalismo tampouco.

Compre unificar todas as nosas loitas e integrar todas as nosas reivindicacións nunha única loita que teña como blanco ao sistema capitalista, que sitúe á clase obreira no poder como a única forza social capaz de facer realidade todas as demandas populares e democráticas incluido o dereito á Autodeterminación. A Autodeterminación, na nosa época, é unha tarefa democrática da clase obreira galega que se inscribe necesariamente na súa loita, á beira do resto de sectores populares e da clase obreira irmá do resto de pobos e nacións do estado español, polo derrocamento do sistema de explotación e pola Revolución socialista. Só nas coordenadas desa loita, o dereito á Autodeterminación pasará de ser unha consigna a erixirse en realidade.

O capitalismo é crise!
Fai falta xa outra Folga Xeral!
Contra a crise capitalista, Unidade e Loita Obreira !
Polo Socialismo e o Comunismo!

TODO PARA A CLASE OBREIRA!