lunes, 25 de julio de 2011

ANTE AS DISPOSICIÓNS DITATORIAIS DO PP NO CONCELLO DE COMPOSTELA

A prohibición polo alcalde de Compostela das celebracións promovidas polas organizacións populares e soberanistas Causa Galiza e Briga con ocasión do Día da Patria Galega, constitue unha conculcación evidente dos dereitos e liberdades democráticas de reunión e expresión.

Esta inscríbese nun endurecimento da Ditadura do Capital, que na Galiza exprésase e implementase a través das políticas antipopulares e as disposicións ditatoriais das institucións neofranquistas gobernadas polo PP.

Esas políticas foman parte dunha ofensiva contra o movemento popular dirixida a silenciar e perseguir toda expresión de contestación social fronte ao asoballamento do noso pobo, a nosa clase e a nosa mocidade, que, no escenario de descomposición do sistema capitalista en crise estructural, alcanzará niveis de maior crueza se non somos quen de denuncialas e facerlles frente.

Amosamos a nosa solidariedade coas organizadoras e os organizadores desas celebracións.

Rexeitamos toda forma de represión e persecución contra os sectores populares e as súas organizacións.