lunes, 25 de abril de 2011

SOBRE A PROMESA ELECTORAL DE ESPERANZA AGUIRRE DE "BACHALERATO DE EXCELENCIA"

Os CMC consideramos este anuncio como un paso máis cara a un horizonte de privatización absoluta e elitización da educación.

Por outro lado non nos sorprende que estes pasos se dean en primeira instancia na Comunidade de Madrid, ao ser esta autonomía a avanzada de moitos dos ataques ás conquistas da clase traballadora, como se puido ver en asuntos de sanidade.

O suposto bacharelato de excelencia deixará máis desamparados aos estudantes máis desavantaxados, os cales se concentran nos barrios obreiros onde a calidade da educación, a carestía de vida e o difícil acceso á cultura son unha barreira engadida dificilmente franqueable para os fillos e fillas da clase traballadora. Non podemos esquecer que as diferenzas de clase se reflicten nos centros de estudo se miramos as oportunidades destes á hora de pagarse despois os estudos universitarios superiores.

O feito de existir un bacharelato de distinta calidade deixa patente que o bacharelato que actualmente se imparte non chega a unhas cotas mínimas de calidade, por iso en vez de aumentar as partidas presupostarias para a educación foméntase este bacharelato "especial" en detrimento do bacharelato "normal" para aqueles alumnos con mellores cualificacións, que son precisamente os que menos axuda necesitan. Non se trata de crear unha educación para elites senón de mellorar a calidade dos servizos públicos.

Esta proposta segue a mesma tendencia que medidas xa en vigor como a LOU ou o plan Bolonia, o fin ao que aspiran é ben patente: preparar a reducidas elites do coñecemento que competirán a nivel internacional mentres o resto dos estudantes recibirán estudos de perfil máis baixo que lles acreditarán como mano de obra barata para satisfacer a demanda da economía española a cal non ten que ver nada como noutros países de Europa co I+D, senón co sol e a praia.

Esperanza Aguirre aínda non explicitar na súa proposta como xestionará e financiará este bacharelato, pero podemos adiviñar que dada a lóxica na que estamos insertos é posible que as empresas privadas teñan un papel importante na promoción deste alumnado "excelente". Segundo a propia consellaría de Educación da Comunidade de Madrid os centros que impartan estes estudos dispoñerán de máis e mellores medios, ademais os profesores que impartan clase a estes bachilleratos percibirán incentivos adicionais. É inaudito que un momento como este no que estamos a sufrir tantos recortes se destine o diñeiro á elitización do ensino cando debería de reverterse en mellorala.

Os CJC chamamos o estudiantado a rexeitar estes plans por representar un ataque á educación dos fillos e fillas da clase traballadora, ao ser eles quen menos presencia terán nestes bachilleratos e ao ser, por outro lado, os que máis sufrirán os recortes que supoñerá o financiamento destes bachilleratos.

Por unha educación Pública!
Non a creación de Bachaleratos de Excelencia!