jueves, 28 de abril de 2011

OS CMC DIANTE DO CEOE

OS COLECTIVOS DE XÓVENES COMUNISTAS FRONTE Á PROPOSTA DA CEOE. 

O pasado 13 de abril, a CEOE, organización representante da clase empresarial do noso país, presentou un documento en forma de decálogo onde reflexa as súas propostas de face á negociación que se abrirá co goberno e as cúpulas dos sindicatos maioritarios nos próximos días. 

Dentro das propostas presentadas, a patronal desempoa o seu plan de choque contra o paro xuvenil que tanta polémica desatou o pasado ano, propondo un contrato formativo que poida ser utilizado con traballadores e traballadoras de ata 35 anos, que poida aplicarse durante tres anos, e no cal só cobrar en torno ao salario mínimo interprofesional, o cal atópase actualmente estipulado en 641 euros mensuais. 

A patronal, xustifica esta proposta aludindo á alta taxa de paro xuvenil, así como ao elevado fracaso escolar. 

Para este sistema, a man de obra xuvenil é totalmente subsidiaria. Debido a isto, a mocidade traballadora é un dos sectores cuxas condiciones laborais son máis precarias. 
Doutra banda, debido á actual crise de sobreproducción, o capital necesita flexibilizar, axustar e precarizar aínda máis a man de obra para adaptala aos seus intereses, aumentando así os seus beneficios. O carácter subsidiario do traballo xuvenil, fai xa que logo que sexa un dos sectores máis afectados polo paro, contando na actualidade cunha taxa que rolda o 40%. 

Esta proposta da patronal xa que logo, tal e como se está vendo con outras medidas que xa entraron en vigor e cuxa xustificación por parte da patronal española e o goberno era similar, lonxe de servir como forma de reducir as altas cotas de paro rexistradas, ten como único fin precarizar aínda máis as condicións laborais dos poucos mozos que hoxe dispón dun traballo. 
Estas propostas serven única e exclusivamente aos intereses dunha patronal, que nunha das súas cíclicas crises de sobreproducción non ve outra saída á mesma en defensa dos seus intereses que aumentar a súa taxa de ganancias, aumentando o grao de explotación da clase traballadora, neste caso da súa mocidade, un dos sectores máis desprotexidos e xa que logo máis vulnerable aos seus ataques. 
Neste caso vese bastante claro este obxectivo, cando a súa proposta é un contrato no que se pague ao traballador e traballadora o salario mínimo no canto do estipulado por convenio para ese posto, aforrándose o empresario a diferenza, así como estendendo a 35 a idade de aplicación co fin de poder beneficiarse dun maior número de traballadores e traballadoras. 
Xa que logo, non se vai  reducir o paro xuvenil de forma substancial, senón que se vai a precarizar aínda mais o traballo deste sector.. 

Nada podemos esperar destas negociacións que non sexa darlle unha volta de porca máis á xa precarizada situación da mocidade. 

Estamos vendo como a patronal, tras conseguir que se aplique unha contrareforma laboral, unha contrareforma das pensións, así como outras medidas antiobreiras ao servizo dos seus intereses, continúa ameazando os nosos dereitos cun novo paquete de medidas. 

Pola súa banda, vimos como o goberno da socialdemocracia, lonxe de eslóganes electorais nos que prometía unha saída social á crise, actúa como o mellor xestor dos intereses capitalistas nos momentos máis duros, aplicando as medidas máis agresivas contra a clase traballadora e a súa mocidade, facendo retroceder os nosos dereitos laborais varias décadas de loitas. 

Para rematar, estamos vendo como as cúpulas dos sindicatos maioritarios (CCOO e UXT), actúan novamente ás costas da clase traballadora, accedendo a negociar, entrando no xogo da patronal, seguindo a práctica sindical do Pacto Social fronte á de loita e combate sindical, práctica que historicamente se demostrou contraria aos intereses da clase traballadora, levando á mesma á continua perda de dereitos así como de conciencia de clase. 

Os Colectivos de Xóvenes Comunistas, chamamos xa que logo a toda a mocidade traballadora, e á que o día de mañá engrosará as filas da mesma, a que se unha e loite polos seus lexítimos dereitos. Dá igual en que sindicato se estea afiliado ou afiliada, dá igual que non se estea sindicado ou sindicada. É hora de unirnos ao redor dun programa de clase que supere a atomización sindical que sofre a clase obreira deste país, é hora de recuperar un modelo sindical de loita e combate. 

As ansias da patronal só se deterán cando choquen cunha clase traballadora e unha mocidade capaz de facerlle fronte; capaz de resistir ás súas agresións; capaz de ser conscientes de que é a patronal parasitaria a que nos necesita para sobrevivir como clase e non ao revés; capaz de avanzar cara a outro modelo de sociedade, que supere o sistema capitalista que hoxe xa só pode ofrecernos paro e explotación; capaz de construír o socialismo, onde o pobo traballador sexa goberno, onde a palabra crise só apareza nos libros de historia. 

Colectivos de Xóvenes Comunistas.