lunes, 25 de abril de 2011

O PCPE - COMUNISTAS DA GALIZA DIANTE DO 1 MAIO

Vivimos momentos de intensa e transcendental loita. Millóns de traballadores e traballadoras no mundo enteiro, celebramos este 1º de Maio enfrontados a unha crise estrutural de enormes dimensións que sitúa ben ás claras ao capitalismo como  un dexenerado sistema caduco e senil, inimigo principal da humanidade e do progreso. Todas e cada unha das medidas impostas polos gobernos do capital á clase traballadora, buscan invariablemente o mesmo obxectivo: recuperar a taxa de beneficio cargando sobre as costas da clase obreira e do pobo o peso da crise, atacando brutalmente as nosas conquistas e os nosos dereitos, destruíndo forzas produtivas, incrementando o paro, desatando a violencia e a guerra.

No estado español e na maioría dos países europeos, lonxe de resolverse, a crise faise máis profunda sen que haxa nun futuro próximo, esperanza algunha de recuperación. É máis, as medidas recentenmente impostas pola UE e o FMI ao país veciño, afectarán non só ao pobo portugués senón tamén e particularmente á clase traballadora e ao pobo galego. O espellismo dunha melloría no futuro a cambio dos "sacrificios" de hoxe ou confiar na posibilidade de saída da crise dentro do sistema, en condicións favorables para a clase traballadora, constitúe unha pura inxenuidade aínda que o máis probable é que se trate de simple complicidade e traizón. O pacto social como continuidade da contrarreforma laboral, achanza o terreo para a inmediata inutilidade da negociación colectiva somentendo así as nosas condicións de vida e traballo á lóxica do mercado máis desapiadada.

Traballadores e traballadoras é o momento de loitar! O partido da clase obreira, o Partido Comunista, chámavos:

- A unir todas as loitas e mobilizacións en cada empresa, en cada barrio e en cada pobo contra as políticas capitalistas do goberno e a Unión Europea.
- Nin PPSOE nin os nacionalismos burgueses poden ofrecer esperanza ningunha, porque todos sirven ao mesmo amo.
- Mobilicémonos en defensa da paz mundial e contra as agresións imperialistas: Irak, Afganistán, Libia...
- Loitemos por unha saída socialista á actual crise capitalista,.
- Unidade e loita contra o capital. Formemos Comités de Unidade Obreira (CUO).

ABAIXO A DITADURA DO CAPITAL!
VIVA A LOITA DA CLASE TRABALLADORA MUNDIAL!
VIVA O 1º DE MAIO!
VIVA O COMUNISMO!